Cumprir coas esixencias das directivas europeas, en continua revisión, e a súa transposición á lexislación española: Regulamentos de ecodeseño, cualificación enerxética de edificios, regulamento de autoconsumo, regulamento de instalacións térmicas en edificios (RITE) e, por enriba de todos, a recente aparición do novo Código técnico da edificación (CTE), non é tarefa doada. Por iso, a compañía Nedgia formulou ao Grupo de Termotecnia da Universidad de Sevilla a cuestión de cales serían as solucións máis eficaces á hora de cumprir o novo CTE dende un punto de vista de máxima eficiencia fronte a un custo reducido.
Froito destes traballos nace NORBA, unha ferramenta capaz de orientar ao deseñador de instalacións térmicas en edificios de obra nova a tomar decisións sobre que solucións enerxéticas son as óptimas. NORBA é unha aplicación informática que permite, dentro dunha ampla gama de climas, edificios, paquetes de características construtivas e instalacións de produción de calor e frío (46 diferentes) identificar aquelas que satisfán todas as esixencias asociadas ao edificio de consumo de enerxía case nulo.
O obxectivo de NORBA é posicionar por comparación distintas solucións habitualmente utilizadas para satisfacer os distintos usos térmicos nas tipoloxías de edificios máis comúns no noso país.