Poñemos á túa disposición e á dos teus clientes a seguinte oferta para a contratación de novos puntos de subministracións de gas natural no mercado comercial/ terciario, con tarifa 3.3, non pertencentes a organismos públicos e que actualmente consuman outra enerxía.
A quen vai dirixida?
Negocios que queiran transformar a súa enerxía actual a gas natural.
Aplicable a todas as distribuidoras.
Cales son os requisitos da oferta?
Potencia instalada superior a 100 kW e inferior a 170 kW.
Para outras potencias, débese acreditar que o consumo actual para substituír é superior a 60.000 kWh/ano e inferior a 100.000 kWh/ano.
Distancia á rede en servizo debe ser igual ou inferior a 6 metros.
Período de permanencia de 24 meses dende a posta en servizo.
É necesario que, antes de ofrecer esta axuda aos teus clientes, valides estes requisitos co xestor de Nedgia.
Cal é a achega para o cliente?
1.000 euros
Como aplicala ao cliente?
O cliente deberá entregarche asinado unha copia de:
Condicións económicas da oferta.
Solicitude de conexión á rede.
Certificado de titularidade bancaria do solicitante.
Deberás subir á Área Privada esta documentación xunto con:
Documento emitido por Nedgia con validación da oferta.
Como recibirá o cliente a achega?
O cliente recibirá a achega económica de Nedgia a través dunha transferencia bancaria 10 días despois da posta en servizo.
Cal é a vixencia?
A oferta é válida para solicitudes recibidas entre o 15 de xullo e o 31 de decembro de 2020 (oferta prorrogada ata o 31 de marzo de 2021) e postas en servizo dentro dos 3 meses seguintes da formalización da solicitude.
Non é aplicable a puntos de subministración (CUPS) con solicitudes presentadas con anterioridade ao 15 de xullo de 2020.
Documentos adicionais
Condicións económicas
Descarga o documento de condicións económicas da oferta en función da comunidade autónoma á que pertence a comunidade de propietarios:
Comunidade autónoma | Comunidade autónoma |
Andalucía | Comunidade de Madrid |
Aragón | Comunidade Valenciana |
Castela-A Mancha | Galicia |
Castela e León | A Rioxa |
Cataluña | Navarra |
Solicitude de conexión a rede (SCR)
Descarga o documento de Solicitude de conexión a rede e, se tes calquera dúbida, descarga a Guía para cubrir o SCR.
› Solicitude de conexión a rede castelán (PDF 0,98 MB)
› Solicitude de conexión a rede catalán (PDF 891 kB)
› Solicitude de conexión a rede galego (PDF 1,40 MB)
› Solicitude de conexión a rede inglés (PDF 1,39 MB)
› Solicitude de conexión a rede éuscaro (PDF 881 kB)
› Guía para cubrir o SCR (PDF)