Webinar de Nedgia: “2020: O ano que cambiou o futuro”

Nova política comercial Nedgia Noticias

O pasado 15 de xullo, baixo o lema “2020: O ano que cambiou o futuro”, realizouse a primeira sesión online de Nedgia con empresas instaladoras, na que Núria Rodríguez, CEO de Nedgia, e Manuel Gil, director de Rede Comercial, explicaron a situación xurdida do novo Marco Regulatorio e anunciaron as claves da Nova Política comercial de Nedgia.

A sesión foi todo un éxito e conectáronse máis de 300 empresas de toda España.

Na xornada explicouse que Nedgia basea a súa estratexia comercial na Transformación Dixital, impulsando un profundo cambio cultural da compañía baseado nas tecnoloxías, con foco no cliente, deseñando procesos áxiles e eficientes para os seus colaboradores.

O compromiso da distribuidora é garantir un servizo excelente aos seus clientes, contando só con compañeiros de viaxe que compartan unha visión baseada na calidade e a seguridade en todas as súas actuacións.

O crecemento orientarase a facer atractivo o produto para os clientes de maior valor e dispostos a pagar o que vale.

Para iso, Nedgia dedicará a súa forza de vendas propia á captación directa de clientes de salas de caldeiras, nova edificación e gran consumo.

No resto do mercado residencial, a acción de Nedgia desenvolverase exclusivamente a través de márketing dixital con ofertas directas ao cliente.

Baixo o lema: todo o negocio para vós! Nedgia introduce un cambio de paradigma na súa relación cos instaladores: fortalecerá o ecosistema dixital, simplificará as xestións e atraerá clientes de alto valor, favorecendo que os instaladores desenvolvan activamente o seu negocio e exploten ao máximo todas as oportunidades cos seus clientes.

Ademais, na xornada presentáronse as ofertas directas ao cliente. Actualmente xa están vixentes ofertas para a transformación de salas de caldeiras, descentralización de salas de caldeiras e clientes comerciais con tarifa 3.3.

Tamén se presentaron as ofertas que proximamente estarán vixentes nos mercados de SV, SH e SP.

Consulta a táboa resumo con todas as ofertas. Fai clic no cadro resumo.

Entra na nosa web para ver o detalle das condicións económicas.

Tras a presentación, respondéronse en directo parte das dúbidas e consultas que foran chegando ao chat online da sesión. Se queres coñecer a resposta ás preguntas máis destacadas que poden axudar a entender mellor a nova política comercial de Nedgia, entra nesta ligazón.