A enerxía é unha parte fundamental da actividade económica e da vida social en xeral. Non obstante, a transformación e utilización da enerxía tamén afectan de forma negativa o conxunto da sociedade e, en especial, o medio ambiente. Podemos definir eficiencia como “conseguir moito con pouco”, é dicir, usar os menores recursos posibles para conseguir o máximo efecto. Porén, como contribúe o gas natural a ser eficiente?

Coidamos os recursos dispoñibles

Desafío medio ambiental

A composición química do gas natural é a razón da súa ampla aceptación como o máis limpo dos combustibles fósiles:

  • O gas natural emite na súa combustión entre o 25% e 30% menos de CO2 que os produtos derivados do petróleo.
  • O gas natural emite entre un 40% e un 50% menos de CO2 que o carbón.
  • Está practicamente exento de xofre (SO2) e a súa combustión apenas o produce.
  • As emisións de óxido de nitróxeno (NOx) redúcense considerablemente coa combustión do gas natural en comparación con outros combustibles fósiles.

Estas vantaxes naturais poden ser aumentadas, xa que o gran rendemento de uso do gas natural ofrece considerables potenciais de aforro de enerxía.

Xestión ambiental

Iniciativas globais

eficiencia enerxética, árbore

Quentamento global

O clima da Terra cambia continuamente dende hai millóns de anos, debido ás interaccións producidas entre a radiación solar e os diferentes compoñentes da xeosfera (terra, auga e aire) e da biosfera (seres vivos).

Non obstante, na actualidade, a emisión de gases invernadoiro por parte dalgunhas actividades humanas está modificando a dirección do cambio climático producido por causas naturais.

Cambio Climático

O cambio climático é o gran reto ambiental do século XXI. É un proceso de retención da enerxía parecido ao que acontece cun invernadoiro, ou coa manta que cobre unha mesa cun braseiro. Os gases que rodean á Terra son máis transparentes ás radiacións de onda curta do Sol; en cambio, son máis absorbentes aos raios infravermellos que emite a Terra. Por esta razón, estes gases fomentan que parte desa radiación sexa reflectida de novo á Terra, o que contribúe ao seu requentamento.

Efecto invernadoiro

efecto invernadoiro está producido polos cambios que se provocan nos gases que se encontran na atmosfera en pequenas proporcións:

  • Dióxido de carbono (CO2)
  • Metano (CH4)
  • Óxido nitroso (N2O)
  • Ozono (O3)
  • Hidrofluorocarbonos (HFC) e perfluorocarbonos (PFC).

Estes gases manteñen quente a parte baixa da atmosfera e a superficie terrestre. Non obstante, os humanos estamos a aumentar excesivamente a súa concentración, o que provoca un proceso de quentamento global da Terra que modifica o funcionamento do sistema climático.