Dende hai dous anos, a nosa compañía estivo a xestar un proxecto de transformación integral da súa web e que agora ve a luz como o primeiro portal de Naturgy. A prioridade foi o achegamento ao usuario dende todas as perspectivas. Para conseguilo, traballáronse as seguintes liñas:

  • O proceso de conceptualización e deseño tivo en conta a metodoloxía denominada Deseño Centrado no Usuario, e foi validado con usuarios finais a través de probas de testaxe real.
  • Procurouse o acceso de todas as persoas, independentemente das súas condicións, xa sexa de contorna (ruído, navegadores antigos, conexións lentas,…) como físicas (deficiencias visuais, auditivas, motoras, de linguaxe ou relacionadas co envellecemento).
  • Tecnoloxicamente, desenvolveuse garantindo o cumprimento das normas UNE e do W3C (World Wide Web Consortium), no seu nivel intermedio (AA).
  • A capa de presentación baseouse nas recomendacións do W3C sobre as Follas de Estilo en Fervenza, Nivel 2 (CSS2) e empregouse o estándar recomendado en emprego de código HTML verificando as recomendacións usamos XHTML 1.0 Strict.

Con todo iso, conseguíronse as seguintes vantaxes:

  • Código HTML e Follas de estilo axustadas para garantir a correcta visualización que posibilitan que a nosa web se adapte aos distintos dispositivos. Deste xeito, lógrase un acceso á información case universal.
  • Ademais, os tamaños de fontes foron definidos con unidades relativas para que se poida ampliar ou diminuír dende o navegador.
  • Navegación con ou sen follas de estilo activadas, ademais de navegación con ou sen JS activado.

Grazas a estas melloras, os usuarios poderán acceder ao noso contido de forma universal.

Respecto ás funcionalidades ofrecidas, temos que diferenciar tres casuísticas:

  • As funcionalidades sen integración con outros sistemas, que foron desenvolvidas neste proxecto seguindo as pautas indicadas nas normas de accesibilidade.
  • As funcionalidades integradas con outros sistemas: a complexidade técnica de integración con estes servizos imposibilitou o seu desenvolvemento. Neste sentido, Naturgy comprométese a seguir traballando para conseguir que todas as súas aplicacións sexan totalmente accesibles.
  • As funcionalidades de terceiros: o noso compromiso coa accesibilidade faise extensible a todas as empresas colaboradoras coas que traballamos. Polo tanto, solicitóuselles a todas elas o seu compromiso e xestión para garantir a accesibilidade das súas aplicacións.