O edificio dispón de sala de caldeiras,
que opcións existen?
O edificio non ten sala de caldeiras
Transformación de sala de caldeiras
Se no edificio dispós de auga quente ou calefacción centralizada con outra enerxía, podes solicitar a transformación da sala de caldeiras a gas natural e comezar a gozar de todas as vantaxes que che proporcionará o gas natural.
Individualizar calefacción ou auga quente
Se queres pagar polo que consumes de xeito individual e poñer o termóstato ao teu gusto, podes descentralizar a calefacción ou a auga quente. Este proceso de descentralización ou individualización é máis sinxelo do que pensas.
Que ten que facer a miña
comunidade?
Se o predio non dispón de gas natural nin ten sala de caldeiras, descubre os pasos que debes seguir para que o gas natural chegue ata o predio ou edificio.
O edificio non ten sala de caldeiras
Transformación de sala de caldeiras
Se no edificio dispoñedes de auga quente ou calefacción centralizada con outra enerxía, podedes solicitar a transformación da sala de caldeiras a gas natural e comezar a gozar de todas as vantaxes que vos proporcionará o gas natural.
Individualizar calefacción ou auga quente
Se no predio queredes pagar polo que consumides de xeito individual e poñer o termóstato cada un ao seu gusto, podedes descentralizar a calefacción ou a auga quente. Este proceso de descentralización ou individualización é máis sinxelo do que pensades.
O noso edificio xa dispón
de sala de caldeiras
Que temos que facer como comunidade?
Se no predio non dispoñedes de gas natural nin tedes sala de caldeiras, descubride os pasos que deberiades seguir para que o gas natural chegue ata o voso predio ou edificio e poidades empezar a gozalo na comunidade.
O gas natural, unha enerxía limpa e sostible.
A contaminación á que se enfrontan as nosas vilas e cidades esixe a necesidade de apostar por opcións enerxéticas que coiden a nosa contorna e a nosa saúde. Hoxe en día resulta imprescindible esforzarse por reducir o tráfico, apostar por unha mobilidade máis sostible e tamén substituír antigos sistemas de calefacción que aínda utilizan enerxías sucias e ineficientes, como o gasóleo ou o carbón.
Neste sentido, o gas natural é a solución ideal ao ser a fonte de enerxía máis limpa, menos contaminante e con menor contido de carbono de todos os combustibles convencionais e contribúe a respectar a calidade do aire que tanto preocupa nas nosas cidades.
Emisións de gas natural, gasóleo e carbón
O gas natural reduce drasticamente as emisións de óxidos de nitróxeno (NOx) e de xofre (SOx) e non produce nin cinzas nin partículas sólidas, polo que contribúe a manter a calidade do aire urbano.
Descubre máis vantaxes do gas natural
Aforro e prezo estable
Poderás aforrar cunha das enerxías máis económicas do mercado e co prezo máis estable dos últimos 15 anos.
Comodidade permanente
Enerxía de subministración continua e, ademais, pagarás só polo consumido.
Instalación rápida e sinxela
Teralo instalado en pouco tempo e sen grandes molestias.
Preguntas frecuentes sobre a Lei de propiedade horizontal
Cada canto tempo se reúne a xunta de propietarios?
A xunta de propietarios reúnese unha vez ao ano. Porén, pódense organizar reunións extraordinarias se un 25% dos propietarios o solicita. Calquera propietario pode solicitar que a xunta se pronuncie e estude temas de interese para a comunidade (como pode ser o gas natural).
Que aprobación mínima require suprimir a enerxía actual do edificio?
No caso de suprimir unha enerxía que atende a toda a comunidade (como, por exemplo, unha caldeira central) é necesario que as 3/5 partes dos propietarios que represente 3/5 partes da cota de participación diga que a quere suprimir.
Que aprobación mínima require a instalación de gas natural no edificio?
Para conseguir que se instale o gas natural nun edificio, será necesario que se aprobe na xunta por un terzo dos integrantes da comunidade de propietarios que represente 1/3 das cotas de participación. Non se poderá repercutir o custo da instalación aos veciños que dixeron que non, nin as abstencións nin as votacións en contra. Os clientes que se incorporen con posterioridade á decisión poderán ter acceso sempre que paguen os custos correspondentes á instalación.
Máis información
Ademais de todo o exposto, deberanse ter sempre en conta os Estatutos da Comunidade de Propietarios, que son obrigatorios e vinculantes para todos os comuneiros.
Se queres máis información sobre a Lei de propiedade horizontal.