Aforra enerxía e diñeiro. Inviste en benestar
Que beneficios achega o uso do gas natural?
O gas natural é unha enerxía económica que che proporcionará o benestar que necesitas. Esquécete das altas facturas de luz e goza de todo o confort no teu fogar mentres aforras.
Auga quente sempre dispoñible
Gozarás de auga quente ao instante, sen límites nin interrupcións, e de xeito eficiente, xa que co gas natural só se quenta a cantidade necesaria ao momento.
Gran potencia calorífica e doada regulación
Conseguirás unha mellor cocción dos alimentos grazas á lapa regulable, que permite controlar instantaneamente a cocción, e á gran potencia calorífica que proporciona.
Calefacción homoxénea
Seguirás quentando de forma homoxénea ata o último recuncho da túa casa e manterás unha temperatura cálida e agradable durante máis tempo.
Aforro e prezo estable
Beneficiaraste dunha das enerxías máis económicas do mercado e co prezo máis estable dos últimos 15 anos. Ademais, aumenta o valor da vivenda.