Regalámosche 300 € para a instalación de calefacción de gas natural no teu fogar
Se o gas natural chega ao teu edificio, pero non ata a túa vivenda, non deixes pasar esta oportunidade para comezar a gozar de todo o confort que che proporciona a calefacción a gas natural.
Condicións da oferta
A quen vai dirixida?
A futuros clientes que viven en pisos dentro dunha comunidade de veciños que dispón de gas natural, pero que non o teñen instalado no seu fogar.
O predio debe estar situado en zona de distribución Nedgia.
Aplicable a todas as distribuidoras agás Aragón.
Cales son os requisitos da oferta?
Realizar unha nova instalación de gas natural para a calefacción con circuíto hidráulico.
Que a túa vivenda non tivese subministración de gas natural nos últimos 3 anos.
Que no momento de concesión da Licenza de Primeira Ocupación (LPO) non tivesen instalación receptora de gas natural.
Permanencia mínima de 24 meses dende a posta en servizo.
Cal é a achega para o cliente?
A achega económica da oferta é de
300 €
Como solicitar a oferta?
Deberás entregar á túa empresa instaladora unha copia da seguinte documentación cuberta e asinada:
Condicións económicas da oferta.
Certificado de titularidade bancaria.
Como recibirá o cliente a achega?
Recibirás a achega económica a través dunha transferencia bancaria nun período aproximado dun mes despois da posta en servizo.
Cal é a vixencia?
A oferta é válida para solicitudes recibidas entre o 15 de decembro de 2020 e o 31 de marzo de 2021 (ou o último día da prórroga, en caso de que se prorrogase a oferta) e postas en servizo dentro dos 2 meses seguintes á formalización da solicitude.
As posibles prórrogas comunicaranse neste espazo web nedgia-wordpress.apinedgia-dev.gniinnova.com
Se necesitas un instalador de gas natural, selecciona a comunidade autónoma e provincia.
Documentos adicionais
Condicións económicas
Descarga o documento de condicións económicas da oferta en función da comunidade autónoma á que pertence a comunidade de propietarios:
Comunidad autónoma | Comunidad autónoma |
Andalucía | Galicia |
Castilla La Mancha | La Rioja |
Castilla y León | Navarra |
Cataluña | Madrid |
Comunidad Valenciana |