Non teño instalación de gas natural, nin no meu edificio nin na miña vivenda
Cales son os pasos que debo seguir para gozar do gas natural?
Paso
Solicita a conexión á rede de gas natural
Comproba se o teu domicilio está na zona de distribución de Nedgia e solicita a conexión.
Paso
Acepta as condicións da conexión
Unha vez solicitada a conexión, nun prazo de 6 días recibirás un correo electrónico de Nedgia coa seguinte información:
Prazo orientativo da construción da rede.
Plano/esbozo do punto de conexión.
Orzamento dos dereitos de acometida do solicitante.
Solicitude de gas natural en predio.
Se estás de acordo, deberás aceptar a proposta remitindo a Nedgia, por correo electrónico, a documentación solicitada.
Unha vez recibida, iniciaremos os trámites de conexión.
Paso
Realiza a instalación de gas natural
A instalación de gas natural debes realizala cun instalador autorizado, quen entregará a Nedgia o certificado correspondente para poder conectar a túa vivenda á rede de gas natural.
Contacta co teu instalador de confianza ou, se o prefires, consulta a listaxe de asociacións de instaladores.
Paso
Contrata a subministración de gas natural
Unha vez conectada a túa instalación á rede de gas, xa podes xestionar o contrato de subministración de gas natural cunha empresa comercializadora.
> Listaxe de empresas comercializadoras
> Comparador de ofertas de enerxía
> Custos asociados á contratación da subministración de gas natural
Paso
Posta en servizo
Cando a comercializadora contacte connosco para solicitar a túa posta en servizo, dende Nedgia poñerémonos en contacto contigo para acordar a visita dun técnico que comprobe que a túa instalación cumpre a normativa vixente, coloque o contador de gas e deixe todo listo para que empeces a gozar do gas natural.