NEDGIA pon á disposición dos usuarios da páxina web aloxada no URL [https://nedgia-wordpress.apinedgia-dev.gniinnova.com] e todos los sitios web asociados a esta (en diante, tamén o Portal) a presente Política de privacidade, coa finalidade de ofrecer información sobre como tratamos os seus datos persoais e protexemos a súa privacidade e información.

NEDGIA poderá modificar esta Política de privacidade cando resulte necesario. En caso de que se introduzan modificacións, comunicarémosllo a través da páxina web ou ben por outros medios, coa finalidade de que poida coñecer as novas condicións de Privacidade. O feito de continuar facendo uso das funcionalidades postas á disposición por NEDGIA, despois de notificarlle as referidas modificacións, supoñerá que está de acordo con estas, salvo para os supostos nos que sexa necesario o seu consentimento expreso.

En cumprimento do disposto no Regulamento Xeral de Protección de datos e demais normativa aplicable en materia de protección de datos, e na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, infórmaselle ao usuario do portal do seguinte:

 

I. Responsable do tratamento

Os datos de carácter persoal que o Usuario poida facilitar a través de calquera formulario serán recollidos e tratados de forma automatizada como potenciais clientes, cuxo responsable é NEDGIA S.A., con domicilio en avenida América n.º 38 – 28028 Madrid ou as súas filiais (en diante, NEDGIA).

Para garantir a adecuada xestión no tratamento dos seus datos, Gas Natural Fenosa dispón dun delegado de Protección de datos. Os datos de contacto son os seguintes:

Enderezo Postal: Plaça del Gas, 1 – C.P. 08003 Barcelona

Correo electrónico: dpd-dpo@gasnaturalfenosa.com

 

II. Finalidade do tratamento dos seus datos

Os datos persoais que sexan facilitados polos usuarios da presente páxina web, e/ou que sexan facilitados polos usuarios a través de calquera páxina web posta á disposición do público por NEDGIA, poderán ser tratados por esta para as seguintes finalidades, en función da tipoloxía de datos que sexan facilitados polo Usuario, así como das interaccións que o Usuario inicie a través da páxina web da que se trate. Así mesmo, informa o Usuario que as finalidades do tratamento automatizado ás que van ser sometidos os seus datos son:

(i) Manter e cumprir coa relación de negocio e/ou comunicación que inicie co Responsable mediante a contratación ou uso dos produtos e servizos que nesta se lle ofrecen, ou se lle poidan ofrecer no futuro, relacionados coa subministración de gas natural, de equipamento e asistencia no fogar e nas empresas; actividades de ocio, ou para a realización de prospeccións comerciais relacionadas co sector enerxético, polo que poderá conservar os seus datos con esta finalidade comercial ou promocional mesmo unha vez finalizada a relación contractual.

(ii) Facilitarlle información e remitirlle, por calquera medio, comunicacións comerciais sobre os devanditos produtos e servizos ou aqueles que paulatinamente se vaian incorporando ao Portal.

(iii) O coñecemento das súas preferencias co propósito de adecuar as ofertas dos nosos produtos e servizos aos seus intereses e necesidades particulares. Para tal efecto, o noso servidor enviará ao seu ordenador un ficheiro (“cookie”) que, coa información que nos facilitará sobre as páxinas que visite a través de nedgia-wordpress.apinedgia-dev.gniinnova.com, nos permitirá coñecer os seus hábitos de navegación como Usuario e personalizar, deste xeito, as súas preferencias para facilitar a navegación a través da nosa páxina web. En calquera caso, o Usuario ten a posibilidade de configurar o seu ordenador de forma que este rexeite a instalación das devanditas “cookies”.

(iv) Cumprir con todas as obrigas legais que afectan a NEDGIA.

(v) Tramitar e xestionar as solicitudes realizadas por vostede en relación a produtos e servizos ofrecidos por NEDGIA ou calquera das súas filiais, así como para manter, desenvolver e controlar as relacións de negocio existentes entre as partes, incluíndo para iso a avaliación, valoración e seguimento mediante técnicas de scoring.

(vi) Determinar o seu nivel de solvencia patrimonial e de crédito en relación ao cumprimento de obrigas monetarias, e para comunicar, en caso de non-pagamento, a ficheiros comúns de solvencia patrimonial, os datos de non-pagamento ,cumprindo para iso todos os requisitos legais establecidos na normativa vixente que resulte de aplicación.

(vii) Elaboración de perfís mediante estudos de márketing e técnicas e procedementos estatísticos e de segmentación que permitan introducir melloras e escoller ofertas adecuadas de produtos e servizos ás súas características e necesidades.

Tendo en conta que NEDGIA ou algunhas das súas filiais teñen intención de remitir aos seus usuarios comunicacións comerciais por medios electrónicos, en cumprimento do disposto no artigo 21 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico (en diante, LSSI), mediante a aceptación deste Aviso Legal, o Usuario autoriza expresamente a NEDGIA a remitirlle comunicacións promocionais ou publicitarias por correo electrónico ou outro medio de comunicación electrónica equivalente.

Se o Usuario non desexa que os seus datos sexan comunicados conforme ao indicado no parágrafo anterior, e/ou o seu desexo de non recibir comunicacións comerciais (publicitarias ou promocionais), pode comunicar gratuitamente a súa decisión a través dos métodos indicados no parágrafo 1 anterior. A aceptación do usuario para que poidan ser tratados ou comunicados os seus datos, na forma establecida nos parágrafos anteriores, ten sempre carácter revogable, sen efectos retroactivos, conforme ao que dispoñen os artigos 7.3 da LOPD e 22.2 da LSSI.

 

III. Datos tratados por Nedgia e fontes das que proceden

Os datos que NEDGIA trata como consecuencia das interaccións realizadas polo Usuario a través da nosa páxina web proveñen das seguintes fontes:

• Datos achegados polo Usuario unha vez cubertos os formularios e os espazos postos á disposición para a contratación ou por calquera outra vía mediante a que o Usuario inicie comunicación co responsable.

• Datos xerados como consecuencia do desenvolvemento, tramitación e mantemento da relación iniciada entre o Usuario e o Responsable.

NEDGIA poderá tratar datos persoais das seguintes tipoloxías, en función da relación iniciada co Usuario:

• Datos identificativos (p. ex., nome e apelidos, correo electrónico, enderezo postal, teléfono, enderezo IP, etc.).

• Datos económicos, financeiros e de seguros (p. ex., datos bancarios).

• Datos de características persoais e circunstancias sociais (p. ex., idade, data de nacemento, gustos, afeccións e estilo de vida, etc.).

 

IV. Lexitimación do tratamento dos datos

NEDGIA trata os datos de carácter persoal facilitados polos usuarios das súas páxinas web de acordo coas seguintes bases lexitimadoras, en función da tipoloxía de datos que sexan facilitados polo Usuario, así como das interaccións que o Usuario inicie con NEDGIA.

A base legal do tratamento dos seus datos persoais encóntrase no desenvolvemento e execución da relación contractual formalizada con vostede.

Así mesmo, tamén existe como base legal do tratamento dos seus datos persoais o interese lexítimo para coñecer a súa solvencia patrimonial e de crédito con anterioridade á realización de actividades relativas ao cumprimento e incumprimento de obrigas monetarias.

Os seguintes tratamentos están baseados no consentimento e refírense a:

• O tratamento dos seus datos persoais mediante estudos de márketing e técnicas e procedementos estatísticos e de segmentación que permitan introducir melloras e/ou adaptar ou escoller a información e as ofertas de produtos ou servizos que mellor se axusten ao seu perfil e, en consecuencia, o envío de información publicitaria ou promocional a través de calquera medio ou canle de comunicación.

• O tratamento de datos persoais, unha vez extinguida a relación contractual con NEDGIA e salvo que expresamente solicite a supresión destes a través dos medios habilitados para iso, cunha dobre finalidade: (i) con fins estatísticos e (ii) para remitirlle información publicitaria ou promocional.

 

V. Comunicación dos datos

Os datos persoais tratados para alcanzar as finalidades detalladas anteriormente poderán ser comunicados aos seguintes destinatarios en función da base lexitimadora da comunicación.

En virtude do anterior, as seguintes comunicacións de datos perseguen garantir o correcto desenvolvemento da relación contractual, así como dar cumprimento a obrigas legais que esixen realizar as mencionadas comunicacións:

• A ficheiros comúns de solvencia relativos ao cumprimento e incumprimento de obrigas monetarias.

• A organismos e Administracións públicas.

• Provedores que sexan necesarios, co fin único e exclusivo de cumprir coa relación de negocio creada. En ningún caso poderán realizar os devanditos terceiros provedores accións comerciais ou de promoción directas aos usuarios nin comunicar os devanditos datos a terceiras persoas ou entidades do seu mesmo grupo, calquera que fose a finalidade da comunicación, polo que recae exclusivamente sobre os devanditos terceiros provedores a responsabilidade que corresponda en caso de incumprimento do anterior.

As seguintes comunicacións baséanse no consentimento e refírense a:

Os datos recollidos para a finalidade de mantemento e cumprimento coa relación de negocio e/ou comunicación que inicie co Responsable mediante a contratación ou uso dos produtos e servizos que neste se lle ofrecen, ou se lle poidan ofrecer no futuro, relacionados coa subministración de gas natural, para o envío por correo electrónico, SMS, canle telefónica ou calquera outro medio de comunicación electrónica, de informacións publicitarias ou promocionais de carácter xeral ou adaptadas, mediante aplicación de estudos de márketing e técnicas e procedementos estatísticos e de segmentación.

 

VI. Conservación de datos

NEDGIA conservará os seus datos persoais durante o tempo necesario para a prestación do servizo solicitado e/ou para alcanzar a finalidade de tratamento perseguida.

Posteriormente, sempre que o Usuario non exercera o seu dereito de supresión, os seus datos serán conservados durante os prazos legais que en cada caso resulten de aplicación, tendo en conta a tipoloxía de datos, así como a finalidade do tratamento.

 

VII. Datos que debe facilitar en cada caso

NEDGIA informa os usuarios que, cando os datos persoais sexan solicitados a través dun formulario posto á disposición a través da nosa páxina web, será necesario que acheguen, polo menos, aqueles datos marcados cun asterisco (*). En caso de non subministrar polo menos tales datos, considerados como necesarios, NEDGIA non poderá xestionar o servizo ou consulta formulada polo Usuario.

Se o Usuario non cubre todos os campos que aparecen como obrigatorios no formulario de contratación, isto pode impedir o procedemento de contratación de produtos e servizos.

 

VIII. Garantía dos datos achegados

O Usuario garante que os datos que achega son verdadeiros, exactos, completos e están actualizados, polo que será responsable de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que puidese ocasionarse como consecuencia do incumprimento de tal obriga.

O Usuario comprométese e está na obriga de comunicar de forma inmediata ao Responsable do ficheiro calquera modificación dos seus datos de carácter persoal co fin de que a información contida nos seus ficheiros estea en todo momento actualizada e non conteña erros.

 

IX. Medidas adoptadas para protexer os seus datos

Co fin de garantir a seguridade e confidencialidade dos seus datos, NEDGIA comprométese a tratar de forma absolutamente confidencial os datos de carácter persoal do usuario e a facer uso destes exclusivamente para as finalidades indicadas nesta política de privacidade. NEDGIA adoptou as medidas axeitadas en materia de protección de datos e ten implantadas as medidas necesarias que protexan os dereitos e liberdades dos interesados, e eviten a súa alteración, perda, tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da técnica, os custos de aplicación, a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como riscos de probabilidade e gravidade variables. En todo caso, debe ter en consideración que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.

 

X. Dereitos sobre os seus datos persoais

NEDGIA infórmao de que ten dereito a obter confirmación sobre se estamos a tratar datos persoais que o concirnen ou non.

Do mesmo xeito, NEDGIA infórmao de que vostede conta cos seguintes dereitos sobre os seus datos de carácter persoal:

NEDGIA infórmao de que ten dereito a acceder aos seus datos persoais e obter confirmación sobre como se están a tratar os devanditos datos. Así mesmo, ten dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, se é o caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins polos cales foron recollidos por NEDGIA.

En determinadas circunstancias, poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso NEDGIA unicamente os conservará para o exercicio ou a defensa das posibles reclamacións.

Así mesmo, tamén en determinadas circunstancias, vostede poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais coa finalidade informada por NEDGIA. Nese caso, NEDGIA cesará no tratamento dos datos persoais, salvo que concorran motivos lexítimos ou para garantir o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.

Por último, vostede poderá solicitar o dereito á portabilidade e obter para si mesmo ou para outro prestador de servizos determinada información derivada da relación contractual formalizada con NEDGIA.

Para o exercicio de calquera destes dereitos, vostede poderá dirixirse a Nedgia (ATR) mediante a remisión dun escrito a Reclamacións – Atención Personalizada en Plaza del Gas n.º 2 08003 de Barcelona, coa referencia “Solicitud Protección de datos”, ou mediante o enderezo de correo sgestionre@nedgia.es. No seu exercicio, esíxese acreditar a identidade da persoa que exerce os seus dereitos, mediante o envío de copia do seu DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente, polas dúas caras.

NEDGIA facilitaralle a información solicitada no prazo máximo dun mes a partir da recepción da solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous meses en caso necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes.

NEDGIA infórmao de que poderá presentar reclamación ante a Autoridade de Control competente en materia de protección de datos. Non obstante, en primeira instancia, poderá presentar reclamación ante o Delegado de Protección de datos, quen resolverá a reclamación no prazo máximo de dous meses.