Instala ao gas natural e esquécete do camión de distribución
O gas natural é unha enerxía respectuosa co medio que levará un maior confort a cada recuncho da túa casa.
Beneficios en todo o teu fogar
O benestar chega a todos os recunchos da túa casa. Gozarás da calefacción homoxénea; da auga quente sempre dispoñible e dunha mellor cocción dos alimentos, xa que co gas natural controlarás instantaneamente a lapa regulable.
A enerxía máis cómoda
O gas natural é unha enerxía de subministración continua que che evitará repoñer combustible periodicamente, manipulalo ou ter que dispoñer dun espazo para a súa almacenaxe.
A tranquilidade dun prezo estable.
Beneficiaraste dunha enerxía económica e co prezo máis estable durante os últimos 15 anos. O gas natural págase sempre despois do seu uso e non quedan restos sen consumir.
Respecto polo ambiente
O gas natural é menos contaminante que o resto das enerxías convencionais, xa que as emisións de partículas sólidas son practicamente nulas e produce menos CO2.