Como aforrar gas natural
Descubre os consellos que dende Nedgia che damos para aforrar gas natural no teu fogar. Controla o teu gasto enerxético facendo un bo uso do gas natural e mantendo a túa instalación en bo estado.
Pon a túa instalación en mans de profesionais
Só unha empresa instaladora autorizada pode facer ou modificar unha instalación de gas.
Se encontras algunha anomalía nos aparellos ou na instalación de gas natural, chama ao servizo técnico do fabricante do aparello ou a unha empresa instaladora autorizada para corrixilo o antes posible.
Presta atención á túa instalación
O bo estado da lapa (estable e azul) demostra unha boa combustión. Evita que se apaguen os fogóns mentres cociñas.
Se o fume da lapa mancha as cazolas, avisa o servizo técnico do fabricante do aparello, pois é sinal dunha mala combustión.
Vixía o estado dos tubos flexibles dos aparellos e pide os instaladores que che instalen tubos de alta seguridade que cumpran coa normativa vixente.
Mantén a instalación ao día
Segundo a normativa vixente, ti es o responsable do mantemento da instalación e do bo uso desta e dos aparatos de gas.
A compañía distribuidora debe realizar unha inspección periódica das instalacións de gas e o usuario facilitar o acceso para poder realizala.
Coñece en profundidade en que consisten as inspeccións periódicas.
Mantén unha ventilación axeitada
As reixas de ventilación deben estar en perfectas condicións. Non as obstrúas en ningún caso.
Se acristalas a terraza, non esquezas dicirlles aos operarios que teñen que abrir as fendas de ventilación.
O tubo de saída dos gases é fundamental para o bo funcionamento dos aparellos. Fai que cho instale un especialista, seguindo a normativa.