Non superei a inspección periódica. E agora que fago?

En caso de non superares a inspección periódica, deberás poñerte en contacto cun instalador ou empresa autorizada/SAT, para que corrixa as anomalías detectadas durante a visita. Unha vez resoltas, o técnico cubrirá o xustificante de corrección de anomalías.

Podes consultar a listaxe de instaladores no web do Ministerio: sedeaplicaciones.minetur.gob.es.

Técnico revisando caldeira de gas

Quen corrixe as anomalías?

O instalador ou empresa autorizada, ou o Servizo de Asistencia Técnica.

Recorda que o instalador que realiza a inspección non poderá proceder á reparación das anomalías da visita da Inspección.

Que se fai unha vez resolta a anomalía?

O técnico que solucione as anomalías deberá cumprir o Justificante de Corrección de Anomalías, onde deixará constancia de que hai sido arranxado o problema.

Unha vez cumplimentado, deberá remitirnos o documento a @U[través]@ da Plataforma para instaladores de nosa web onde deixará constancia de que hai sido arranxado o problema.

Que pasa se non envío o xustificante de corrección de anomalías?

Non teremos constancia de que se corrixiron as anomalías e constará que a túa instalación non cumpre coa normativa vixente. Periodicamente se realiza unha notificación ao organismo competente da túa comunidade autónoma das instalacións con anomalías e pode interromperse a subministración de gas natural. 

Como completo o xustificante de corrección de anomalías?

Se queres saber como debes completar o xustificante de corrección de anomalías, descarga as instrucións nesta páxina.