A manipulación irregular das instalacións de gas constitúe, segundo os casos, un delito ou falta recollido no Código Penal (artigos 255 e 623) que pon en grave risco a integridade física das persoas (de quen a realiza así como de quen convive con ela e dos seus veciños) e os bens.
As denuncias recibidas serán tratadas de forma anónima e confidencial.
- A fraude, ademais, representa un acto de insolidariedade, xa que a enerxía que o defraudador subtrae ao sistema recae sobre o conxunto dos clientes que si cumpren coas súas obrigas.
- O Real Decreto 1434/2002, no seu artigo 62, indica que se considerará que existe fraude cando se produza algunha acción ou omisión tendente a modificar ou impedir a medición da subministración contratada en prexuízo do distribuidor ou comercializador. O artigo 56 do citado Real Decreto habilita empresas distribuidoras a interromper a subministración cando detectan situacións anómalas nas instalacións ou equipos de medida.
Como denunciar unha situación irregular?
As denuncias sobre irregularidades na rede, instalacións de gas ou aparatos de medición son importantes porque axudan a manter a seguridade e integridade do sistema e preveñen accidentes. Podes poñer en coñecemento da distribuidora situacións anómalas a través do seguinte formulario:
[contact-form-7 id=”3956″ title=”GND – Denuncia una irregularidad – GL”]