Consellos eficientes de aforro enerxético para empresas
No contexto actual de elevada competitividade entre as empresas, a enerxía desempeña un papel fundamental á hora de subministrar os servizos e a calidade que un comercio ofrece aos seus clientes. Reducir o consumo de enerxía convértese nun imperativo para diminuír os gastos de explotación e incrementar así a competitividade do establecemento.
Controla e regula a temperatura
Por cada grao de máis que se esixe á instalación, o consumo enerxético sobe entre un 6-8%. Instala un bo sistema de control e regulación da temperatura e obterás un aforro enerxético considerable.
Mantén en boas condicións os sistemas de calefacción
Revisa regularmente todos os compoñentes da instalación, o seu rendemento e o correcto funcionamento das caldeiras.
Illa ben as túas instalacións
Toma as medidas necesarias para reducir as perdas de calor no inverno e as ganancias en verán, así conseguirás un mellor rendemento térmico.
Adecúa a potencia da caldeira á demanda
Obterás un mellor rendemento destes sistemas e evitarás sobredimensionamentos innecesarios.
Elixe ben a túa caldeira
Antes de elixir entre unha caldeira de baixa temperatura e condensación, e unha caldeira convencional, ten en conta o uso que lle vas dar e opta pola que se adapte mellor ás túas necesidades.