Que perigos implica a manipulación irregular das instalacións de gas?

As manipulacións irregulares das instalacións de gas son moi perigosas para as persoas que as realizan, para as persoas que conviven con elas e para os seus veciños. Poden provocar fugas e estas, posibles incendios e, en casos extremos, explosións.

 

Está tipificado o delito de fraude en gas?

Os artigos 255 e 623 do Código penal recollen o delito e a falta de defraudación de enerxía, mediante a manipulación das instalacións ou dos contadores, e establecen as correspondentes penas.

 

Afecta a comisión dunha fraude de gas natural ao resto de consumidores?

O usuario que defrauda enerxía prexudica economicamente ao resto dos consumidores, debido a que a actual configuración do marco tarifario compensa as perdas de gas a través dos prezos que se establecen trimestralmente para as tarifas xerais de acceso, o que provoca deste xeito o seu aumento.

 

Como afecta ao conxunto de empresas, industrias ou comercios que actúan conforme á legalidade o feito de que algúns dos seus competidores cometan irregularidades?

A comisión de fraude de gas por parte dunha empresa, industria ou comercio representa unha competencia desleal fronte aos seus competidores que actúan dentro da legalidade.

 

A fraude pode provocar danos nas instalacións?

A manipulación dunha instalación e/ou unha conexión irregular á rede de distribución pode provocar incidentes nas propias do cliente e comúns dos veciños.

 

Poden interromper as compañías a subministración se detectan fraudes?

O RD 1434/2002 de 31 decembro 2002, no seu artigo 56.1, habilita as distribuidoras a suspender a subministración aos seus usuarios, entre outros, nos seguintes casos:

a) Cando se establezan derivacións para subministrar gas a unha instalación non prevista no contrato.

b) Cando as instalacións receptoras ou aparatos consumidores de gas non conten coas autorizacións necesarias.

c) Cando se manipule o equipo de medida ou control, ou se evite o seu correcto funcionamento.

 

Son os titulares do contrato os responsables de posibles casos de fraude nas instalacións?

O titular do contrato é garante da custodia do equipo de medida e responsable da instalación de gas da súa vivenda, polo que é responsable das fraudes que se cometan nestes elementos.

 

Que debo facer se accedo a unha vivenda nova e teño sospeitas de que a instalación puidese estar manipulada?

No caso de que alugues, adquiras, herdes ou recibas unha vivenda, é aconsellable realizar unha inspección da instalación para verificar que está en perfectas condicións.

O titular do contrato debe poñer en coñecemento da compañía distribuidora calquera situación de fraude, co obxectivo de que poida corrixirse rapidamente, xa que el é o responsable do equipo de medida e da instalación.

 

Que fago se creo que son vítima dun roubo de enerxía?

Cando un usuario toma parte da súa subministración da instalación receptora dun veciño está a cometer un delito de roubo entre particulares.

O usuario vítima dun roubo de enerxía debe poñer este asunto en mans das forzas e corpos de seguridade do Estado ao tratarse dun delito. A distribuidora pode realizar unha inspección profesional da acometida e da instalación que pode servir para presentar a denuncia e como proba pericial do xuízo.

Podes notificarnos calquera irregularidade ou fraude accedendo ao noso formulario.