Estas son as principais operacións técnicas que a túa Distribuidora levará a cabo para certificar o correcto funcionamento e seguridade da túa instalación de gas natural.
Operario operacións técnicas

Reapertura IRI: sen certificado, con certificado(1), por pago de débeda(2)

Operación para poñer en servizo a túa instalación individual. Para iso, o técnico fará unha proba de estanquidade da túa instalación, comprobará que a túa caldeira ou quentador realiza correctamente a combustión e revisará que se corrixise calquera outra irregularidade que motivase o peche da instalación. No caso de detectar un funcionamento anómalo ou dano no contador, este tamén poderá ser substituído.

Reapertura IRC sen certificado

Operación para poñer en servizo todos os puntos de subministración en instalacións comúns pechadas total ou parcialmente. Nesta operación, o técnico realiza unha proba de estanquidade da instalación, tanto común coma individual. Naquelas vivendas onde o cliente estea ausente, deixaralle un aviso con toda a información necesaria para continuar a subministración.

Cesamento de subministración

Supón a rescisión de contrato e posta en seguridade da instalación individual. O técnico retirará o contador e deixará a instalación en seguridade.

Cambio de contador

Nesta operación o técnico substituirá o contador por outro das mesmas características e realizará unha proba de estanquidade da instalación.

Peche a petición de comercializadora

Operación de corte da subministración de gas por débeda pendente co comercializador. Para iso, o técnico pechará, bloqueará e precintará a instalación, ata que o cliente normalice a súa situación.

Levantar contador por obras

 

Operación para desmontar o contador por obra ou reforma. Durante esta operación, o técnico pechará, bloqueará e precintará a instalación, deixando o contador desmontado na vivenda do cliente.

Verificar predio ou datos IRC

Operación que ten como obxectivo confirmar diversos datos dunha edificio, estrutura, rúa, número e ordenación de batería de contadores.

Verificar lectura

Operación para verificar a lectura e datos do contador, así como para identificar o punto de subministración.

Rapaza con portátil consultando as tarifas

Descarga aquí as tarifas domiciliarias desagregadas por Comunidade Autónoma

Máis información

Consulta a listaxe dos técnicos autorizados e certificados por Sedigas para realizar as operacións domiciliarias de Nedgia

*Glosario de termos

Instalación receptora común (IRC): Conxunto de conducións e accesorios comprendidos entre a chave de acometida (excluída esta) e as chaves de conexión de aparato (incluído estas), quedando excluídos os tramos de conexión dos aparatos.

Instalación receptora individual (IRI): Conxunto de conducións e accesorios comprendidos, segundo o caso, entre: a chave de usuario, cando existe instalación común; ou a chave de acometida ou de edificio, cando subministran un só usuario.

Certificado: Documento expedido por unha empresa instaladora autorizada que garante por un período determinado calquera deficiencia na instalación realizada, atribuíble a unha mala execución e contra toda consecuencia que se derive.

Proba de estanquidade: Comprobación da ausencia de fugas na instalación individual ou común.

Proba de combustión: Comprobación da correcta hixiene do proceso de combustión.

(1) Cando se substituíu/substituíron aparato/s por outro/s de diferentes características e/ou a instalación sufriu modificacións superiores a un metro(2) . Cando o cliente satisfixo unha débeda coa súa comercializadora.