Grazas á conexión á rede de gas natural, a planta de zurros de Alcarràs dispoñerá da subministración dunha enerxía limpa e eficiente de forma directa e continua para producir electricidade, ademais de material compostable, mediante o tratamento por desecamento das dexeccións gandeiras procedentes das explotacións da área de influencia da planta.
Sobre Nedgia
NEDGIA, filial do grupo Naturgy, é a compañía líder na actividade de distribución de gas natural en España, onde opera en 11 comunidades autónomas. En Cataluña, a través de Nedgia Catalunya, subministra gas natural a preto de 2,2 millóns de puntos de subministración en 384 municipios.
O seu principal activo son os máis de 18.500 quilómetros de infraestrutura de distribución que permiten facer chegar hoxe, de forma segura e eficiente, a subministración enerxética de gas natural e tamén a distribución de gas renovable e de hidróxeno no futuro. A innovación, proximidade e a calidade no servizo e a atención ao cliente forman parte da nosa razón de ser e caracterizan a súa actividade.