Papel clave na transición enerxética

O gas natural desempeña un papel clave na transición enerxética global cara a unha sociedade baixa en carbono, en especial pola crecente inxección de gas de orixe renovable nas súas redes. O biometano, ou gas renovable, que se xera a partir de refugallos orgánicos gandeiros, agrícolas ou industriais, ou procedentes de vertedoiros e plantas de augas residuais, proporciona importantes vantaxes medioambientais e fomenta a economía circular, con emisións neutras de CO2.

O gas renovable é un combustible procedente da reciclaxe dos nosos residuos que pode empregarse da mesma forma que o gas natural. Constitúe un factor de primeira liña para conseguir unha mellor xestión dos recursos e fomentar unha economía circular libre de emisións de CO2.

Q29uc3RydWNjaW9uIGRlbCBnYXNvZHVjdG9yIGRlIEEgTWFyacOxYQ==

Obtención

O gas renovable obtense a partir da reciclaxe do noso lixo, os residuos urbanos, a depuración das augas residuais de redes de sumidoiros e o tratamento de residuos agrícolas, gandeiros e da industria agroalimentaria. Polo tanto, axúdanos a reducir o impacto ambiental que todos estes residuos producirían se non se tratasen.

Distribución

O gas renovable pode inxectarse de forma sinxela nas redes de distribución de gas xa existentes. O consumidor final poderá utilizalo para os mesmos usos que o gas natural.

Negocios regulados de gas natural
Calidad del aire en las ciudades

Redución de emisións

Debido á súa orixe, o gas renovable é un combustible con emisións neutras de CO2, polo que contribúe a evitar o quentamento global do noso planeta. Ademais, axúdanos a mellorar a calidade do aire que respiramos, xa que non emite contaminantes locais como partículas sólidas nin SOx, e practicamente non emite NOx.

Impulsa o desenvolvemento da economía local

A produción de gas renovable xera sinerxías coa agricultura, a gandería e a industria agroalimentaria. Apoia o desenvolvemento rural, promovendo a creación de emprego local e mellorando a xestión ambiental dos residuos deste ámbito.

Gas renovable

O gas renovable é moi beneficioso para o planeta, sostible tanto no social coma no ambiental. En Nedgia cremos en solucións sostibles para o planeta e para a sociedade, por iso apostamos polo gas renovable.

Unha enerxía limpa e sostible

O gas natural é a enerxía convencional máis respectuosa co medio ambiente que existe. Trátase do combustible que menos emisións de CO2 produce e non emite partículas, polo que é unha das enerxías máis limpas, cómodas e ecolóxicas que hai no mercado e o seu uso contribúe a mitigar o cambio climático e a contaminación ambiental.

Calidade do aire

O gas natural reduce considerablemente as emisións de óxidos de nitróxeno (NOx) e case completamente as emisións de partículas en suspensión e dióxido de xofre (SOx), principais causantes da contaminación nas cidades e de importantes problemas respiratorios.

Aforro para o consumidor

A substitución de combustibles máis contaminantes por gas natural é primordial para mellorar a balanza enerxética de España, conseguir un aforro para o consumidor e mellorar a calidade do aire das cidades.

Unha enerxía sostible

O combustibleconvencional conmenor emisión de CO2

40-50%

menos que o carbón

20-30%

menos que os produtos petrolíferos

Menor emisión de CO2por m3 de gas naturalconsumido

1,6 kg de CO2

emisión evitada por m3 en comparación ao consumo de carbón

0,7 kg de CO2

emisión evitada por m3 en comparación ao consumo de produtos petrolíferos

Ligazóns de interese

› IDAE Icona abrir en ventá nova

 CNMC Icona abrir en ventá nova