NEDGIA telesupervisa en tempo real a atención de urxencias durante a crise sanitaria

Operario de telesupervisión Distribución

A distribuidora de gas do grupo Naturgy implantou a telesupervisión en tempo real dos avisos de atención de urxencias prioritarias no 80% da súa zona de actividade, o que lle permitiu minimizar os desprazamentos en campo e evitar riscos de contaxio durante a actual pandemia de COVID-19.

NEDGIA, a distribuidora de gas do grupo Naturgy, está a supervisar case a metade dos avisos de atención de urxencias de máxima prioridade de forma remota e en tempo real dende que se iniciou a emerxencia sanitaria por COVID-19.

Esta actividade é posible grazas á implantación da telesupervisión online dos avisos de atención de urxencias, que xa é unha realidade no 80% da área xeográfica na que realiza a actividade de distribución de gas natural.

Dende que se iniciou a emerxencia sanitaria, a principios do mes de marzo, a compañía atendeu en remoto e en tempo real máis de 250 avisos de urxencias de máxima prioridade que recibiu o Centro de Control e Atención de Urxencias (CCAU), evitando así o desprazamento do persoal e a súa posible exposición a potenciais contaxios.

Os técnicos responsables da telesupervisión están a realizar esta actividade dende o seu propio domicilio, xa que, durante o período de confinamento que estamos a vivir, a maior parte do equipo da compañía se encontra teletraballando.

Iniciativa pioneira
Traballador de Nedgia diante de furgoneta

Esta innovadora iniciativa, que permite a supervisión en remoto dos traballos en campo, empezou a desenvolvela hai un ano o persoal interno de NEDGIA, que creou unha ferramenta dixital para supervisar en tempo real as operacións de urxencia que os operarios de campo están a resolver.

Ademais, esta aplicación incrementou a eficiencia nas operacións ao aumentar a trazabilidade dos traballos, a comunicación entre as diferentes unidades que interveñen nas urxencias e a seguridade na execución dos traballos, á vez que evitou os desprazamentos innecesarios.

Sobre NEDGIA

NEDGIA, filial do grupo Naturgy, é a compañía líder na actividade de distribución de gas natural en España, onde opera en once comunidades autónomas. A empresa subministra gas natural ao 70% dos consumidores, supera os 5,4 millóns de puntos de subministración e conta con máis de 53.800 quilómetros de redes en case 1.150 municipios españois.