Valencia, 5 de decembro de 2018.- O alcalde de Picanya, Josep Almenar, e o xefe de Construcións e Tramitacións de NEDGIA Cegas, Carlos Cañete, asinaron un acordo de colaboración para simplificar os trámites administrativos necesarios para levar a subministración de gas natural a este municipio valenciano.
O convenio, que actualiza as súas bases de relación en materia fiscal, busca reducir os tempos de consecución de licenzas co obxectivo de ofrecer máis rapidamente o servizo de gas natural aos máis de 11.000 veciños da localidade.
Coa sinatura deste acordo, xa son case 60 os concellos na Comunitat Valenciana que decidiron simplificar as súas xestións para facilitar aos seus veciños o rápido acceso a esta enerxía eficiente.
Sobre NEDGIA
NEDGIA aposta firmemente pola decisiva contribución do gas natural na mellora da calidade do aire nas cidades españolas. Por iso, traballa no desenvolvemento de solucións innovadoras e eficientes para facer chegar o gas natural a novos usuarios, e promove os novos usos do gas natural, como a mobilidade sostible ou o gas renovable.
Ademais, a compañía está a traballar na dixitalización de todos os seus procesos co obxectivo de aproveitar ao máximo as novas tecnoloxías para facer máis eficiente e eficaz a súa actividade, ademais de conectar coa nova realidade máis tecnolóxica e esixente.
Presenza na Comunitat Valenciana
NEDGIA Cegas é a compañía de distribución de gas natural do grupo Naturgy na Comunitat Valenciana, onde máis de 1,3 millóns de usuarios gozan das vantaxes desta fonte de enerxía en máis de 200 municipios, o que permite que o 87% da poboación teña acceso a esta fonte de enerxía. A empresa xestiona máis de 663.000 puntos de subministración e unha rede de distribución que supera os 8.700 quilómetros.