Unímonos á alianza para a redución de emisións de metano no sector gasista

Corporativo

Sumámonos á alianza para a redución das emisións de metano provenientes da produción de petróleo e gas (OGMP, polas súas siglas en inglés), unha iniciativa da Coalición Clima e Aire Limpo (CCAC) liderada polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), a Comisión Europea (CE) e o Fondo de Defensa Ambiental (EDF).

A través desta adhesión, as empresas gasistas, como a nosa, comprométense a reportar e reducir as emisións de metano a través dun novo marco, máis transparente, que será unha medida que contribuirá de forma moi efectiva para loitar contra o cambio climático.

Ata a data, sumáronse á alianza 62 empresas con activos nos cinco continentes, que representan o 30% da produción mundial de petróleo e gas. O novo marco, chamado OGMP 2.0, é o estándar de referencia que axudará a mellorar a precisión e transparencia da información sobre as emisións de metano no sector do petróleo e o gas.

A OGMP, lanzada no Cumio do Clima da ONU en 2014, foi creada pola Coalición Clima e Aire Limpo (CCAC) como unha iniciativa voluntaria para axudar ás empresas a reducir as emisións deste gas de efecto invernadoiro. A alianza, xestionada polo PNUMA, proporciona un protocolo para axudar ás empresas a xestionar sistematicamente as súas emisións e demostrar reducións reais.