O gas renovable inxectado na nosa rede, grazas á sinatura deste contrato, supoñerá un aforro en emisións de 6.000 toneladas de CO2, equivalente á plantación de 12.000 árbores. Desta forma, o grupo Naturgy avanza no compromiso coa sostibilidade e a economía circular recollido no seu Plan Global de Medio Ambiente ata 2022. En 2019 o grupo Naturgy reduciu as súas emisións globais de CO2 un 16%.
As infraestruturas de distribución de gas son determinantes no proceso de descarbonización, dado que xa distribúen gas renovable, e por elas poderá circular tamén hidróxeno nun futuro. Para realizar a conexión da granxa ás redes de distribución, NEDGIA construirá preto dun quilómetro de rede, así como as infraestruturas correspondentes para a súa inxección e conexión.
O biometano é o vector enerxético que máis contribúe á economía circular (o residuo convértese en recurso). Ademais, ten unha pegada de carbono negativa se se considera toda a cadea de produción, polo que desempeña un papel fundamental na descarbonización da economía e na loita contra o cambio climático.
A produción de biogás nas instalacións de Torre Santamaría, proxecto no que participa xunto a Grupo Lactalis e AXPO, realízase a partir de residuos orgánicos xerados polas vacas, que é mellorado tras un proceso de descomposición e de enriquecemento para convertelo en gas renovable.
Sobre NEDGIA
Somos NEDGIA, a distribuidora de gas do grupo Naturgy, e a compañía líder na actividade de distribución de gas natural en España, onde operamos a través das nosas diferentes compañías en once comunidades autónomas. Subministramos gas natural ao 70% dos consumidores, que supoñen máis de 5,4 millóns de puntos de subministración. O noso activo son os máis de 53.800 quilómetros de infraestruturas que operamos en 1.150 municipios de España, e que permiten facer chegar hoxe, de forma segura e eficiente, a subministración enerxética de gas natural e tamén a distribución de gas renovable e de hidróxeno no futuro. A innovación, proximidade e atención ao cliente forman parte da nosa razón de ser e caracterizan a nosa actividade.