Composición e propiedades

O gas natural é un hidrocarburo formado principalmente por metano, aínda que tamén adoita conter unha proporción variable de nitróxeno, etano, CO2, H2O, butano, propano, mercaptanos e trazas de hidrocarburos máis pesados. O metano é un átomo de carbono unido a catro de hidróxeno (CH4) e pode constituír ata o 97% do gas natural.

Propiedades físicasPropiedades químicas
Fórmula molecularCH4
Peso molecular mixto18,2
Temperatura de ebulición a 1 atmosfera-160,0 °C
Temperatura de fusión-180,0 °C
Densidade dos vapores (aire = 1) a 15,50,61
Densidade do líquido (auga = 1) a 0 ° / 4 ° C0,554
Razón de expansiónUn litro de líquido convértese en 600 litros de gas
Solubilidade en auga a 20 °CLixeiramente soluble (de 0,1 a 1,0%)

Características

  • O gas natural consúmese tal e como se encontra na natureza. Dende que se extrae dos depósitos ata que chega aos fogares e puntos de consumo, o gas natural non pasa por ningún proceso de transformación.
  • A estrutura molecular máis simple do gas natural facilita que queime limpamente, por iso a súa combustión non produce partículas sólidas nin xofre.
  • O gas natural é unha das fontes de enerxía fósiles máis limpa xa que é a que emite menos gases contaminantes (SO2, CO2, NOx e CH4) por unidade de enerxía producida.

Emisións de CO (g CO/kWh útil xerado)

*As emisións de CO2 asociadas ao consumo de electricidade segundo datos do mix eléctrico de 2010 do IDAEA

Fonte: Fundación Gas Natural – Guías técnicas de enerxía e ambiente.18. A contribución do gas natural á redución de emisións á atmosfera en España. (2009)

Factor de emisión (gr/kWh útil xerado)

  • NOx
  • SOx
  • Volátil
  • Partículas
  • CO

Fonte: Fundación Gas Natural – Guías técnicas de enerxía e ambiente.18. A contribución do gas natural á redución de emisións á atmosfera en España. (2009)

 

No seu estado natural, o gas natural é inodoro, incoloro e insípido, non obstante para advertir a súa presenza en caso de fuga adminístraselle un odorífero (mercaptanos) que lle dá o olor característico a ovos podres.

  • Require ignición para a súa combustión
  • A súa densidade relativa faino máis lixeiro que o aire polo que as fugas ou emisións se disipan rapidamente nas capas superiores da atmosfera dificultando a formación de mesturas explosivas no aire.
  • É eficiente e abundante
  • Non é corrosivo